Inscrición no VI Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal
4 ao 6 de novembro
Organizado polo Nodo Galego de Ciberseguridade, o VI Encontro CIBER.gal ofrecerá en Santiago de Compostela, no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, un programa principal con relatorios e mesas redondas sobre temas de actualidade dirixidos á administración pública, ao tecido empresarial e á cidadanía. O evento reunirá persoas expertas e entidades públicas e privadas de referencia no ámbito da seguridade da información.
Ademais, incluirá actividades como obradoiros, concurso de ciberseguridade, espazos técnicos, o reto Capture The Flag, visitas aos laboratorios de ciberseguridade de Galicia, xornadas específicas para persoas sénior e moito máis.
Como gran atractivo, o VI Encontro contará novamente con exposicións de solucións en ciberseguridade presentadas por entidades patrocinadoras e de recoñecido prestixio.
Para coñecer o cronograma completo de actividades de cada xornada, consulta a seguinte ligazón: Programa
Programa Principal
4 ao 6 de novembro
Auditorio Principal
O VI Encontro CIBER.gal ofrecerá un programa principal con relatorios e mesas redondas sobre temas de actualidade en materia de seguridade da información, reunindo persoas expertas e entidades públicas e privadas de referencia. O evento organizarase en tres xornadas matinais, cada unha delas dirixida a un público específico: profesionais e provedores da administración pública, o tecido empresarial e a cidadanía en xeral.
Ofrecerase aperitivo (4 e 5 de novembro) e café e sorteos para todas as persoas asistentes presenciais (4, 5 e 6 de novembro).
As prazas para a modalidade presencial do 6 de novembro do programa principal están reservadas para os centros educativos.
Os grupos de centros educativos que desexen asistir presencialmente ao programa principal o 6 de novembro deberán solicitalo poñéndose en contacto coa organización a través do correo electrónico inscricions-encontrocibergal@xunta.gal e indicando: nome do centro, curso, número de prazas e datos de contacto da persoa responsable do grupo.
É posible inscribirse nun ou en varios bloques de actividades en modalidade presencial ou en liña.
Actividades adicionais ao programa principal
Día 4
Actividades adicionais ao programa principal do VI Encontro CIBER.gal para o día 4 de novembro.
Día 5
Actividades adicionais ao programa principal do VI Encontro CIBER.gal para o día 5 de novembro.
Día 6
Actividades adicionais ao programa principal do VI Encontro CIBER.gal para o día 6 de novembro.
As diferentes salas do evento teñen un aforo limitado. En caso necesario, permitirase o acceso ata completar o aforo.