Inscrición no VI Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal

4 ao 6 de novembro

Organizado polo Nodo Galego de Ciberseguridade, o VI Encontro CIBER.gal ofrecerá en Santiago de Compostela, no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, un programa principal con relatorios e paneis sobre temas de actualidade dirixidos á administración pública, ao tecido empresarial e á cidadanía. O evento reunirá persoas expertas e entidades públicas e privadas de referencia no ámbito da seguridade da información.

Ademais, incluirá actividades como obradoiros, representacións teatrais, concurso de ciberseguridade, espazos técnicos, o reto Capture The Flag, xornadas específicas para persoas sénior e moito máis.

Como gran atractivo, o VI Encontro contará novamente con exposicións de solucións en ciberseguridade presentadas por entidades patrocinadoras e de recoñecido prestixio.

Proximamente, máis información sobre o programa do evento e a apertura das inscricións.

I Edición Debuxando CiberseguridadeNoCole!

14 de septembro ao 5 de octubro

No marco do VI Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, presentamos o novo concurso de debuxo Debuxando Ciberseguridade no Cole!, unha iniciativa para os centros educativos de Galicia dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, co obxectivo de achegar a ciberseguridade aos máis pequenos.

Cada centro educativo poderá presentar un debuxo por categoría: 3º e 4º de Educación Primaria. Os traballos deberán ser orixinais, realizados a man e relacionados coa temática deste ano: as profesións da ciberseguridade.

Animámosvos a participar neste novo concurso de debuxo e a compartir co voso alumnado unha experiencia educativa e creativa para descubrir o mundo da ciberseguridade desde unha perspectiva diferente. As persoas gañadoras serán anunciadas o día 20 de outubro por correo electrónico e serán convidadas á entrega de premios o 6 de novembro durante o VI Encontro CIBER.gal na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Programa Principal

4 ao 6 de novembro

Auditorio Principal

O VI Encontro CIBER.gal ofrecerá un programa principal con relatorios e paneis sobre temas de actualidade en materia de seguridade da información, reunindo persoas expertas e entidades públicas e privadas de referencia. O evento organizarase en tres xornadas matinais, cada unha delas dirixida a un público específico: profesionais e provedores da administración pública, o tecido empresarial e a cidadanía en xeral.

Ofrecerase aperitivo (4 e 5 de novembro) e café e sorteos para todas as persoas asistentes presenciais (4, 5 e 6 de novembro).

Proximamente, máis información sobre o programa do evento e a apertura das inscricións.

Actividades adicionais ao programa principal

PRÓXIMAMENTE