Inscrición no IV Encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal

6 e 7 de novembro

Organizado polo Nodo Gallego de Ciberseguridade, o IV Encontro CIBER.gal ofrece talleres, conferencias, paneis de debate, representacións teatrais e concursos de ciberseguridade.

Acollerá a entidades públicas e privadas de referencia no campo da seguridade da información e actividades destinadas para todos os públicos: Administración Pública, tecido empresarial e cidadanía.

Contará coa participación de recoñecidos profesionais como Chema Alonso, David Amor e Esther Estévez, e realizaranse sorteos entre todos os asistentes presenciais.

Programa Principal

6 e 7 de novembro

Auditorio Principal

Organizado en 3 bloques de actividades, destinados á Administración pública, ao tecido empresarial e á cidadanía.

Realizaranse sorteos entre os asistentes presenciais.

É posible inscribirse a un ou máis bloques.

Demostracións de ciberseguridade

6 de novembro

Salas 7 e 10

Algunhas das entidades patrocinadoras que apoian a celebración do IV Encontro CIBER.gal realizarán demostracións sobre produtos, servizos ou solucións innovadoras no campo da ciberseguridade.

Realizaranse de forma paralela ó programa principal.

É posible inscribirse a unha ou máis demostracions.

Espazos técnicos de exposición

7 de novembro - 16:00 a 19:15

Sala 9

Espazos destinados á breve exposición de proxectos, ideas, traballos e iniciativas en ciberseguridade. Acollerán estudantes especializados en ciberseguridade, profesionais na materia, así coma outros relatores vinculados nun entorno distendido no que, tralas breves exposicións, se poderán formular preguntas por parte dos asistentes.

Mesa Redonda “Retos en seguridade e privacidade en aprendizaxe federado”

6 de novembro - 16:30 a 17:30

Sala 8

Gustaríache descubrir os riscos que supón o uso da aprendizaxe federada e explorar solucións innovadoras? A aprendizaxe federada xorde coma un modelo que mellora a privacidade no adestramento de algoritmos, pero, realmente é tan seguro como parece?

Competición Capture The Flag

6 de novembro - 16:30 a 19:30

Sala 9

Competición baseada nunha serie de retos para probar coñecementos e habilidades na área da seguridade de sistemas e aplicacións en categorías como: criptografía e esteganografía, explotación (vulnerabilidades web, binarios), forense, enxeñaría inversa, intelixencia artificial, etc.

Premios para os dous primeiros clasificados. Sortearase un Flipper Zero entre todos os participantes.

Obradoiro de Purple Lab: ataque, monitorización e detección

6 de novembro - 9:45 a 11:45

Sala 8

O obradoiro terá dúas partes: unha ofensiva e outra defensiva.
Ofensiva: abusando de vulnerabilidades/erros de configuración accederase ao sistema, elevaranse privilexios e estableceranse mecanismos de persistencia.
Defensiva: usando comandos/logs do sistema, auditd, Osquery, etc, monitorizarase e analizarase o equipo para detectar as accións maliciosas realizadas polo atacante.

Obradoiro de Nmap en contornos industriais

6 de novembro - 12:15 a 14:15

Sala 8

Neste obradoiro revisaranse distintas técnicas para o descubrimento de equipamentos, escaneamento de portos e detección de vulnerabilidades en redes industriais utilizando Nmap.

Estará dividido en tres partes: Nmap: estudo xeral, Scripts para equipos industriais e como (non) utilizar Nmap nunha rede industrial

Obradoiro de Ferramentas e utilidades para a avaliación e mellora da seguridade en Active Directory

7 de novembro - 10:00 a 11:30

Sala 8

O obxectivo do obradoiro é coñecer de forma práctica diferentes ferramentas dispoñibles para avaliar e mellorar a seguridade en contornos de directorio activo. Verase como instalar e configurar algunhas delas e como aplicalas de forma efectiva, empregando para iso un contorno simulado.

Obradoiro de Análise Forense en IoT

7 de novembro - 12:15 a 14:15

Sala 8

Neste obradoiro realizarase a análise forense dalgúns dispositivos IoT pertencentes a unha colección que inclúe un Amazon Echo Show, un frigorífico Samsung, un robot Roomba, etc.

Débese acudir con ordenador portátil con soporte para virtualización activado, virtualBox 7.0 instalado e espazo en disco suficiente para albergar máquinas virtuais e imaxes forenses.