Actividades adicionais ao programa principal do día 4 de novembro

A continuación, atoparás as actividades adicionais ao programa principal do VI Encontro CIBER.gal para o día 4 de novembro.

Exposicións de solucións de ciberseguridade

4 de novembro

Sala de eventos

Diversas entidades patrocinadoras do evento levarán a cabo exposicións sobre produtos, servizos e solucións innovadoras relacionadas con temáticas de relevancia e actualidade no campo da ciberseguridade.

É posible inscribirse nunha ou en varias exposicións.

Actividade unicamente en modalidade presencial.

Visitas aos laboratorios de ciberseguridade de Galicia

4 de novembro

Vestíbulo do edificio Fontán

Oportunidade para coñecer de primeira man as capacidades e os servizos dos laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia en produtos con elementos dixitais e ciberseguridade industrial.

Durante a visita, as persoas asistentes poderán descubrir como estas instalacións contribúen a reforzar a ciberseguridade de organizacións, produtos e contornos industriais.

A visita inclúe un percorrido por ambos os dous laboratorios, onde se presentarán as súas principais capacidades e o seu equipamento.

Actividade unicamente en modalidade presencial.

Competición Capture The Flag

4 de novembro - 16:00 a 19:00

Sala 9

Competición patrocinada por Gradiant, baseada en retos para poñer a proba coñecementos e habilidades en seguridade de sistemas e aplicacións en categorías como: criptografía e esteganografía, explotación (vulnerabilidades web, binarios), análise forense, enxeñaría inversa, intelixencia artificial, etc.

Haberá premios para o 1º (Portátil e Flipper Zero) e 2º (Flipper Zero).

Adicionalmente sortearase un Flipper Zero entre todas as persoas participantes da competición.

Actividade só en modalidade presencial.

Obradoiro de Explotación e mitigación de vulnerabilidades en PLC S7-1200

4 de novembro - 09:50 a 11:55

Sala 8

Neste obradoiro estudaranse algunhas das vulnerabilidades presentes nos autómatas S7-1200, a súa explotación e as medidas de prevención e mitigación.

Actividade só en modalidade presencial.

Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia: Innovación e seguridade no futuro dixital de Galicia

4 de novembro - 10:00 a 18:30

Sala 7

Espazo expositivo dedicado á innovación en ciberseguridade aplicada a produtos conectados e á Internet das Cousas (IoT). A través de demostradores tecnolóxicos e casos de uso reais, as persoas asistentes poderán coñecer tecnoloxías, riscos e solucións para a protección de dispositivos, servizos e sistemas conectados, da man de persoal especializado. A actividade está dirixida a empresas, profesionais, estudantes, administracións públicas e cidadanía interesada na seguridade dixital.

Actividade unicamente en modalidade presencial.

Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

4 de novembro

Sala 10

Este laboratorio ten como finalidade fortalecer a protección das infraestruturas e dos procesos produtivos fronte ás ameazas dixitais, promovendo un ecosistema industrial máis seguro, resiliente e innovador. Este espazo funciona como centro demostrador e de experimentación en tecnoloxías de ciberseguridade aplicadas ao ámbito industrial, combinando investigación, ensaio e formación especializada.

Actividade interactiva centrada nos riscos da IA xerativa e o seu impacto na ciberseguridade. A partir dun caso práctico, as persoas participantes explorarán cuestións como: cales son os riscos de empregar IA xerativa sen control nin procedementos?, como actuar ante unha filtración de información?, ou que consecuencias pode ter un ciberataque sobre sistemas críticos? Unha experiencia para comprender os desafíos de seguridade que expón o uso destas tecnoloxías.

Actividade unicamente en modalidade presencial.