Actividades adicionais ao programa principal do día 5 de novembro

A continuación, atoparás as actividades adicionais ao programa principal do VI Encontro CIBER.gal para o día 5 de novembro.

Exposicións de solucións de ciberseguridade

5 de novembro

Sala de eventos

Diversas entidades patrocinadoras do evento levarán a cabo exposicións sobre produtos, servizos e solucións innovadoras relacionadas con temáticas de relevancia e actualidade no campo da ciberseguridade.

É posible inscribirse nunha ou en varias exposicións.

Actividade unicamente en modalidade presencial.

Visitas aos laboratorios de ciberseguridade de Galicia

5 de novembro

Vestíbulo do edificio Fontán

Oportunidade para coñecer de primeira man as capacidades e os servizos dos laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia en produtos con elementos dixitais e ciberseguridade industrial.

Durante a visita, as persoas asistentes poderán descubrir como estas instalacións contribúen a reforzar a ciberseguridade de organizacións, produtos e contornos industriais.

A visita inclúe un percorrido por ambos os dous laboratorios, onde se presentarán as súas principais capacidades e o seu equipamento.

Actividade unicamente en modalidade presencial.

Espazos técnicos de exposición

5 de novembro - 15:45 a 19:00

Sala 9

Espazos destinados á breve exposición de proxectos, ideas, traballos e iniciativas en ciberseguridade. Acollerán estudantes especializados en ciberseguridade, profesionais na materia, así como outros poñentes vinculados, nun entorno distendido no que, tras as breves exposicións, se poderán formular preguntas por parte das persoas asistentes.

Actividade en modalidade presencial e en liña.

Obradoiro de MITRE ATT&CK TA0003: Técnicas de persistencia en Linux

5 de novembro - 09:50 a 11:55

Sala 8

No obradoiro explicarase o concepto de persistencia e a súa importancia nunha Cyber Kill Chain. Ademais, poñeranse en práctica múltiples técnicas, explicando os principios nos que se basean, o seu impacto nos sistemas e os rastros que deixan e que permiten a súa detección.

Actividade só en modalidade presencial.

Obradoiro de Introdución á análise forense da memoria RAM con Volatility

5 de novembro - 12:10 a 14:15

Sala 8

Este obradoiro presentarase Volatility, unha ferramenta de código aberto que permite realizar análises forenses de imaxes de memorias RAM. Exploraranse as funcionalidades básicas e compararanse distintas versións da ferramenta.

Actividade só en modalidade presencial.

Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia: Innovación e seguridade no futuro dixital de Galicia

5 de novembro - 10:00 a 18:30

Sala 7

Espazo expositivo dedicado á innovación en ciberseguridade aplicada a produtos conectados e á Internet das Cousas (IoT). A través de demostradores tecnolóxicos e casos de uso reais, as persoas asistentes poderán coñecer tecnoloxías, riscos e solucións para a protección de dispositivos, servizos e sistemas conectados, da man de persoal especializado. A actividade está dirixida a empresas, profesionais, estudantes, administracións públicas e cidadanía interesada na seguridade dixital.

Actividade unicamente en modalidade presencial.

Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

5 de novembro

Sala 10

Este laboratorio ten como finalidade fortalecer a protección das infraestruturas e dos procesos produtivos fronte ás ameazas dixitais, promovendo un ecosistema industrial máis seguro, resiliente e innovador. Este espazo funciona como centro demostrador e de experimentación en tecnoloxías de ciberseguridade aplicadas ao ámbito industrial, combinando investigación, ensaio e formación especializada.

Actividade práctica e participativa na que, a través de dinámicas breves, as persoas asistentes poderán explorar ferramentas e enfoques aplicables a situacións reais, compartindo experiencias e aprendendo de forma colaborativa.

Actividade unicamente en modalidade presencial.

Laboratorio de Seguridade, privacidade e confianza en 5G e 6G

5 de novembro

Sala 1

Actividade onde se presentarán as principais tecnoloxías de comunicación V2X, as súas vulnerabilidades e os retos de ciberseguridade asociados, prestando especial atención aos requisitos de latencia, dispoñibilidade, seguridade e privacidade. Abordaranse tamén solucións criptográficas emerxentes, como as probas de coñecemento cero (Zero-Knowledge Proofs, ZKP) e a criptografía poscuántica (PQC), e o seu potencial para protexer a privacidade e evitar a rastrexabilidade non autorizada dos vehículos. A sesión incluirá demostracións prácticas con equipamento V2X real.

Actividade unicamente en modalidade presencial.