Actividades adicionais ao programa principal do día 6 de novembro

A continuación, atoparás as actividades adicionais ao programa principal do VI Encontro CIBER.gal para o día 6 de novembro.

Visitas aos laboratorios de ciberseguridade de Galicia

6 de novembro

Oportunidade para coñecer de primeira man as capacidades e os servizos dos laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade da Xunta de Galicia en produtos con elementos dixitais e ciberseguridade industrial.

Durante a visita, as persoas asistentes poderán descubrir como estas instalacións contribúen a reforzar a ciberseguridade de organizacións, produtos e contornos industriais.

A visita inclúe un percorrido por ambos os dous laboratorios, onde se presentarán as súas principais capacidades e o seu equipamento.

O día 6 de novembro, as visitas están reservadas a centros educativos que desexen asistir presencialmente. Os centros interesados en acudir ás visitas dos laboratorios o 6 de novembro deberán solicitalo poñéndose en contacto coa organización a través do correo electrónico inscricions-encontrocibergal@xunta.gal, indicando: nome do centro, curso, número de prazas e datos de contacto da persoa responsable do grupo.

Actividade unicamente en modalidade presencial.

Actividades dinámicas para escolares

6 de novembro

Actividades patrocinadas por S2 Grupo.

Ciber Escape Room «Operación Park»: Nesta actividade, as persoas participantes teñen unha misión: descubrir e neutralizar os hackers antes de que sexa demasiado tarde. A través de retos, dinámicas de equipo e probas cheas de adrenalina, aprenderán a detectar trampas, protexer os seus datos e actuar con rapidez. As persoas participantes distribuiranse en equipos para resolvelo.

Cibertaboleiro «Cyber Adventure»: Mediante este xogo da oca xigante, as persoas participantes xogarán por equipos e aprenderán a desenvolverse de forma máis segura en Internet mentres superan diferentes retos e preguntas. A través do xogo traballarán conceptos como a creación de contrasinais seguros, a protección dos seus datos persoais, os riscos de compartir información, como identificar comportamentos sospeitosos e que facer ante situacións incómodas ou perigosas na rede.

Cyber Arena: Coa axuda dun hacker, as persoas participantes internaranse na Cyber Arena, onde competirán por equipos superando diferentes retos e actividades prácticas.

Cada actividade ten unha duración de 45 minutos e está deseñada para a participación dunha clase (aproximadamente 30 escolares) de entre 8 e 16 anos.

Estas actividades están reservadas a centros educativos que desexen asistir presencialmente. Os centros interesados en acudir a unha ou varias actividades deberán solicitalo poñéndose en contacto coa organización a través do correo electrónico inscricions-encontrocibergal@xunta.gal, indicando: nome do centro, curso, número de prazas e datos de contacto da persoa responsable do grupo.

Actividade unicamente en modalidade presencial.